27 mayo, 2009

APRESÉNTA-NOS O TEU FILME FAVORITO

Pois ben, comenzamos unha nova proposta dentro do Cineclube Utopía Cinema. Tráta-se de que compartas unha experiencia cinematógrafica que te resultara especial. Pode ser calquera filme ou documental que te marcara especialmente por calquera motivo. Deste xeito, cada semana unha persoa diferente apresentará o filme escollido. A partir das 20h. a persoa que escolleu o filme, falará-nos un pouco sobre o mesmo (desde cando é o seu preferido, por que, que escena lembra con máis intensidade, que diálogo considera máis interesante...etc.). Despois, nunca máis tarde das 20:30h, proxectaremos o filme e debatiremos as ideas propostas. Con esta actividade pretendemos crear un espazo máis para socializar sensacións, emocións... Un paso máis no camiño de COMPARTIR CULTURA E EXPERIENCIAS. Se queredes participar podedes pasar polo café UF (rúa do Pracer, 19-Vigo), ou ben dirixir-vos ao correo utopiacinema@yahoo.es ou contactando no telefone 652.57.47.52. E xa sabedes... OMNIA SUNT COMMUNIA! Só o consumo individual e o egoísmo son delito.

06 mayo, 2009

REVISITANDO THEO ANGELOPOULOS

Pois sí, voltamos a Theo Angelopoulos. Proxectaremos os seus primeiros filmes, até hai pouco inéditos. Ben é sabido que a vida divíde-se entre, ademáis de outras consideracións, os que tivemos a sorte de desfrutar do cineasta grego e os que non. Pola nosa parte faremos o imposível para que ninguén sinta ese vacío existencial e poida desfrutar desta oportunidade (outra máis) para se achegar a unha experiencia inolvidável. Ficas avisado, ¿levabas un tempo sentíndo-te valeiro, sen estímulos? Pois restába-te Angelopoulos. Os domingos ás 20:30h no Cineclube Utopía Cinema. Vémo-nós. OMNIA SUNT COMMUNIA. E lembra que compartir non pode ser delito, mais é unha necesidade.